Páginas

febrero 06, 2021

#BrigadasDeseucaliptizadoras

 verdegaia    5/12/20

Hoxe estamos en Mondariz-Balneario nunha nova campaña das #BrigadasDeseucaliptizadoras para plantación de 150 árbores nativas e desacaciación dun foco de mimosa

http://verdegaia.org/brigadas/archivos/669

A segunda actuación das Brigadas en Mondariz Balneario está convocada para o vindeiro sábado, 5 de decembro, coa plantación de 150 árbores autóctonas, todas fillas de castiñeiros e carballos centenarios da mesma vila. Asimesmo, pelaremos as cortizas dun foco de mimosa para secalas e frear o avance desa gran inimiga invasora do monte galego.(...) Logo das últimas grandes vagas de incendios, co terror de tantos poboadores do rural que cada ano vemos como o lume avanza e xa asedia as propias vivendas, creceu a conciencia do problema entre moitas veciñas. Agradecemos a Aguas de Mondariz o apoio incondicional e o gran interese polo noso proxecto, que se materializa incorporando a parcela desta brigada e facéndose cargo das labores de desbroce e preparación do terreo. Esperamos seguir colaborando no futuro coa mesma ilusión.

Estamos convencidas de que, no marco das Brigadas deseucaliptizadoras e a firme vontade de botarse ao monte e traballar, estamos a tempo de salvar o futuro do monte galego, así como o noso espacio como parte dunha Natureza que en definitiva é a casa de todas. Así, en novembro de 2019 emprendemos a primeira brigada na vila, que felizmente superou as nosas expectativas de convocatoria. Gracias o esforzo das brigadistas xa hai unha carballeira máis prendida e crecendo sen pausa para abrigar o noso pobo. Esta segunda brigada, un ano depois, poderá comprobar o fruito exitoso daquela primeira e seguir avanzando na recuperación do espacio que nunca debemos roubarlles ás nosas valiosísimas especies nativas (...)

.........................

Ana Pardo de Vera: Vox es un movimiento neofascista actualizado...



No hay comentarios:

Publicar un comentario