Páginas

marzo 14, 2022

Manuel Forcadela: “Esta é unha guerra sen “epos”, unha guerra sen épica, unha matanza”

 Lucio Martinez Pereda  8/3/22

Manuel Forcadela: “Esta é unha guerra sen “epos”, unha guerra sen épica, unha matanza”

- La guerra unida a un relato épico de heroicidades fue una realidad que siempre buscó la propaganda para animar el espíritu bélico de sus soldados y convencer a la población que se iba al frente de batalla para defender algún bien: la libertad, el pueblo, la patria o Dios. ¿Le ves alguna posibilidad épica a esta guerra?
- Esta é unha guerra sen “epos”, unha guerra sen épica, unha matanza. O “epos” dos gregos implicaba unha certa disposición exemplar e memorable da materia a narrar, un elenco de valores que debían ser imitados e formar parte das ensinanzas a transmitir ás vindeiras xeracións. Aquí non hai nada de exemplar nin de memorable, en primeiro lugar pola falta de ponderación entre os combatentes, Davide e Goliath; en segundo lugar porque non hai máis regra que a morte.

- La IGM es la primera Guerra moderna, una Guerra Total, de masas de soldados, sin las normas tradicionales de aligeraban los conflictos bélicos clásicos, una guerra integral que se libraba en el campo de batalla, sobre la población civil y con afectación al tejido económico de todas las sociedades contendientes. Toda la población se veía afectada por ella. Esa realidad de Guerra Total se profundizó en la IIGM.
- Si, tés razón. Mais interesame falar de outra mudanza. Walter Benjamin, ao evocar a guerra do 14, a IGM, advertía que se producira unha mudanza sutil: desapareceran os contadores de historias, caracterizados sempre pola distancia, temporal, porque eran vellos, ou espacial, porque foran viaxeiros, e no seu lugar apareceran os xornalistas e os novelistas, os detentadores modernos do relato.
E o que está agora mesmo a pasar ten que ver coas distancias: a distancia de quen mata con respecto ao asasinado e a distancia de quen recibe o relato con respecto ao realmente acontecido. A primeira é hoxe máis alongada que nunca. A segunda sitúanos na mesma beira das vítimas, da carne mutilada, da morte. O tirador que olla unha pantalla de ordenador no interior dun helipcótero e preme unha tecla contra uns reflexos que aparecen, sen saber que é unha nai cun mociño ou un vello en cadeira de rodas, é un xogador de consola, un adolescente sen formación que mata por un simple pracer de natureza electrónica. O seu acto é semellante ao que adestrou ducias de veces na academia militar en simuladores que reiteran virtualmente as condicións de combate real.

No hay comentarios:

Publicar un comentario