Páginas

marzo 07, 2022

Manuel Forcadela: "La Guerra de Ucrania y la propaganda bélica de la OTAN"

 Lucio Martinez Pereda  26/2/22

Manuel Forcadela: "La Guerra de Ucrania y la propaganda bélica de la OTAN"

-La propaganda bélica directa y la indirecta, es decir la creada mediante productos de ficción. La Guerra de Ucrania es una oportunidad para comprobar la reactivación de ambos géneros. Los terminales propagandísticos americanos tienen desde la II GM una
gran experiencia
acumulada en ello.
- Unha das condicións impostas polos americanos ao final da IIGM foi a creación dunha estrutura de distribución cinematográfica e mediática no que eles contarían de partida coa total hexemonía, habida conta de que, xa desde os anos vinte, se consolidara como a primeira fonte de ingresos da economía americana.Hollywood converteuse, daquela, na Meca da modernidade, no Xerusalén do neoliberalismo, na Roma da novo espírito mercantil.
De maneira que un artificio de modernidade foi a sacralización do profano por medio da adoración dos seus produtos audiovisuais na perspectiva da anulación do suxeito, reducido a consumidor de mercadorías sobrecargadas de ideoloxía nun novo apostolado neoliberal e anticomunista.
- Lo curioso es que semejante mecanismo propagandístico aumentó- según Deleuze- su tamaño exponencial hasta llegar a suplantar la realidad, configurando la mirada de un espectador que ha perdido capacidad para detectar el artificio.
- Gilles Deleuze, que non era parvo, deuse conta de que a mirada fora alterada, a través da cinematografía, a partir da IIGM, por medio de dous artificios : a profundidade de campo e o plano secuencia. E estes dous artificios tiveron o seu correlato no plano da percepción , facendo dos filmes fantasías que superaban as propias ensoñacións.
O mundo converteuse así nunha interminable película na que non paramos de pagar a entrada e da que nunca seremos guionistas. Un relato que xoga a ser o noso propio relato e que contra o que non cabe outra relación que a rebelión, na medida en que pretende unha sorte de colonización interior, con implicacións ideolóxicas e morais inasumibles.
- Esta escopía total o totalizante nos sitúa ante el riesgo de perder la capacidad para distinguir entre ficción y realidad, y por supuesto entre información y propaganda. Supongo que valdrá como caso concreto lo sucedido hace días en el lamentable informático de Antena 3
- Na actualidade vemos como programas informativos de televisión subministran como imaxes reais do realmente acontecido no campo de batalla escenas bélicas tiradas de xogos de ordenador. Demonízase o rol do exército ruso e do
seu dirixente, Vladimir Putin, aducindo a súa condición ficcional (propia dun xogo cibernético ou dun filme de ambientación histórica) de comunista, sabendo como sabemos que Putin está tan lonxe do comunismo como a auga do lume.
vivimos nunha ficción que non manexamos e na que os roles obedecen a mecanismos de trama infantil, desentrañados desde hai décadas por V. Propp ou J. Greimas, en que o Rei e a Princesa ofendida fían a súa honra e dignidade ao combate entre un Heroe e un Antiheroe que, finalmente, obterá como sanción positiva o compromiso matrimonial coa propia Princesa.
E xustamente ese lugar en que combaten os sentidos antagónicos que ocupan os significantes sen contido é o que chamamos Hexemonía. Así a Princesa ofendida pode ser unha bruxa disfrazada. O Rei, un usurpador. O Heroe, un vivalavida. Etc., etc. ese é o modelo de actuar dun sistema que procura a detentación, en primeiro lugar, do poder mediático para obter o control absoluto do imaxinario social
- ¿ Podrías poner casos concretos actuales para ilustrar la perversión de la realidad construida con ese relato hegemónico?
- O presidente de Ucraína é un Abel Caballero do lugar, promovido desde un programa de TV no que actuaba, precisamente, no papel de Presidente da República. E votado pola maioría absoluta do seu electorado. Xa lle gustaría que o chamasen a interpretar o seu propio papel nunha serie de televisión. O seus paseos polos programas de máxima audiencia do lixo televisivo español non son máis que un breve flirteo a ver se a idea cunde. Propoño un final da serie ao posibles guionistas: a loucura do protagonista logo de comprobar que a colosal figura do SCJ que ten previsto instalar no monte da Guía, dominando toda a baía, cede polo seu peso e esnaquízase no mar.
- Y Feijóo?¿ Qué me dices de Feijóo?
- A personaxe patética para os galegos de Alberto N. Feijóo acaba de ser promovida a salvador moral da dereita española, logo do conflito entre as diversas mafias que acampan no seo do PP desde a súa mesma fundación. Unha vez escrito o guión, as cadeas de TV proceden a realizalo con diversas variantes mais sempre nun mesmo sentido, que se establece como “verdade”.
Sabemos que Feijóo e os seus gobernos son unha sorte de desgraza histórica para Galicia e que os efectos perversos da súa política, disfrazada de xestión liberal, supoñen unha degradación sen pagangóns para a sanidade e educación, para a lingua e a cultura, para o patrimonio material e ambiental, para a economía... Así como a ruína de empresas como Pescanova, os asteleiros, as Caixas de Aforros vendidas de xeito opaco e sen dar a coñecer os detalles...

No hay comentarios:

Publicar un comentario